A "plastilina" conductiva

22 de Novembro 2025, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense

con Vermislab

Neste obradoiro faremos unha masa de experimentación que permita crear circuítos eléctricos básicos. 

Prepararémolo con ingredientes como fariña, sal, auga, aceite e limón e cociñarémolos ata obter unha consistencia similar á da plastilina tradicional. A conductividade eléctrica provén do sal e do limón que actúan como electrolitos para permitir o paso da corrente eléctrica.

Hai prazas limitadas polo que é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 14 de novembro ben presencialmente ou ben chamando aos números de teléfono : 988 788385 / 386