Redescubrindo Ourense. Esculturas e murais

29 de Maio 2026, 11:30
Imaxe
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense

Roteiro guiado con Xeitura

Dicíase que Ourense era a Atenas galega, coa súa arquitectura, o grupo Nós, os Artistiñas ... Desa Atenas aínda fica moito.

Neste percorrido descubriremos algúns elementos artísticos, nen todos coñecidos, e algúns totalmente desapercibidos por nós, viandantes dun día a día en que o tempo non nos permite parar a velos.

O punto de encontro: Ponte romana (diante dos Salesianos) 

Saída ás 11.30h

As prazas son limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior a actividade ben presencialamente ou chamando aos números de teléfono : 988 788385 /386