02 de Xullo - 30 de Agosto 2024, 14:00
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense › Ourense
Mostra bibliográfica
Este verán, no Espazo Xove exploramos o xénero fantástico. Coñece como se caracteriza a literatura fantástica, cales son os seus subxéneros, os seus premios destacados, que a diferenza da ciencia ficción ou de que falamos cando mencionamos a alta e baixa fantasía.
Ademáis, temos preparada unha selección de obras fantásticas entre as que atoparás clásicos, rettelings, novelas máis modernas e outras tantas premiadas nacional e internacionalmente.
E se che apetece, anímate a seguir o noso bingo de fantasía estes meses. Conseguirás facer liña?