Información sobre o servizo de visionado da Biblioteca
Na biblioteca temos uns postos de visionado nos que podedes ver películas, series ou documentais. Hai televisores e lectores de blu-ray e dvd en todos os andares da biblioteca.
Só e preciso ter o carné da Rede de bibliotecas de Galicia.
Para facer uso deste servizo seguide os seguintes pasos:
1.- Solicitar o material (cascos inalámbricos e mandos a distancia) no mostrador do 1º andar
2.- Elixir a película, serie ou documental de entre todo o fondo audiovisual, facede o préstamo das mesmas nas máquinas de autopréstamo ou no mostrador
Pregamos usar sempre os cascos ou auriculares (pódense usar os cascos propios ou os da biblioteca).