Inscrición na Aula tecnolóxica de maiores

Imaxe

A inscrición comeza o luns 5 de outubro ás 8:30h.

Aula tecnolóxica de maiores é un obradoiro de introdución ás novas tecnoloxías dirixido a persoas maiores de 55 anos. A actividade, impartida por Formaziona, ten un carácter eminentemente práctico e busca promover a inclusión dixital das persoas participantes formándoas no uso de teléfonos móbiles, tabletas e ordenadores portátiles para o seu día a día.

A Aula consta de dous grupos independentes de 8 participantes cada un:

Información práctica:

  • Horario: Grupo 1: Martes de 16:30 a 18:00 h.

                  Grupo 2: Xoves de 16:30 a 18:00 h.

  • Lugar: Sala de traballo A (3º andar).

  • Calendario: O grupo dos martes comeza o 20 de outubro e o dos xoves o 22. A actividade rematará entre maio e xuño.

  • Prazas: Máximo 8 participantes por grupo.

  • Requisito: Dispoñer do carné da biblioteca ao comezo da actividade (non é preciso traer dispositivos, a biblioteca achegará as tabletas e ordenadores).

Inscrición e información:  Para o desenvolvemento desta actividade a Biblioteca contará coas mesmas persoas que integraban os grupos da edición anterior. Recomendamos ás usuarias e usuarios interesados que se anoten nas listaxes de agarda xa que poden producirse baixas entre os integrantes actuais, como así sucedeu en anos anteriores. O prazo de inscrición abrirase o 5 de outubro ás 8:30 h e permanecerá aberto ata o remate da actividade.

As persoas interesadas poden inscribirse:

  • Chamando ao teléfono 881 999 401.

  • Presencialmente no mostrador da planta baixa.

    Máis información na páxina web e nas redes sociais da biblioteca.