A inscrición comeza o luns 5 de outubro ás 8:30h.
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal reanuda a Aula de maiores, unha actividade dirixida a persoas maiores de 55 anos que desexen repasar e exercitar os seus coñecementos. Entre as actividades propostas inclúense a realización de operacións matemáticas sinxelas, a práctica da lectura e da escritura entre outros conceptos básicos.
A sesións estarán impartidas por Margarita Castro Rey e Amador Seoane Pardo, membros do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Horarios e calendario
- Grupo dos martes: de 10:00 a 12:00 h (inicio o martes 13 de outubro con Amador Seoane).
- Grupo dos mércores: de 10:30 a 12:00 h (inicio o mércores 14 de outubro con Margarita Castro).
- Lugar: Sala de traballo en grupo A (3º andar).
- Duración: A actividade seguirá o calendario escolar ata o mes de xuño.
Requisitos e prazas
- Capacidade: Máximo de 10 participantes por grupo.
- É imprescindible ter o carné de biblioteca no momento de iniciar a actividade.
- Manténense os grupos da edición anterior, pero hai prazas vacantes dispoñibles.
Inscrición e información. O prazo de inscrición para as prazas vacantes abrirase o 5 de outubro ás 8:30 h e permanecerá aberto mentres haxa dispoñibilidade ata o remate da actividade. A biblioteca poñerá a disposición das persoas integrantes da actividade os materiais necesarios para o desenvolvemento do curso (libros, ordenadores portátiles, etc.).
As persoas interesadas poden inscribirse:
- Chamando ao teléfono 881 999 401.
- Presencialmente no mostrador da planta baixa.
Máis información na páxina web e as redes sociais da biblioteca.