Inscrición no Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía

Imaxe

A inscrición comeza o luns 5 de outubro ás 8:30h.

Retomamos o Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía coordinado por Rafael Varela Nogueiras, membro do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia. 

Esta actividade ten como obxectivo achegar a Filosofía ás persoas interesadas e fomentar e apoiar a difusión do pensamento filosófico. Está dirixido a persoas maiores de 18 anos que non teñan necesariamente coñecementos previos pero que sintan curiosidade cara ás ideas dos filósofos que se foron construíndo desde circunstancias históricas e biográficas concretas, atendendo a problemas profundamente arraigados na condición humana. 

O obradoiro constará de dous grupos independentes de 12 participantes cada un:

  • Horario: Grupo dos mércores de 18:00 a 19:00 h.

                   Grupo dos xoves de 18:00 a 19:00 h

  • Lugar: Sala de traballo en grupo B (terceiro andar).

  • Calendario: Comezo o 14 e 15 de outubro, con remate no mes de maio-xuño.

É imprescindible ter o carné da biblioteca no momento de iniciar a actividade.

Para esta edición contarase coas persoas que xa integraban os grupos da edición anterior. Non obstante, recomendamos ás persoas interesadas que se inscriban na lista de agarda, xa que ampliamos o número de prazas e poden producirse baixas.

Inscrición e información: O prazo de inscrición para as prazas vacantes abrirase o 5 de outubro ás 8:30 h e prolongarase ata o remate da actividade.

As persoas interesadas poden inscribirse:

  • Chamando ao teléfono 881 999 401.

  • Presencialmente no mostrador da planta baixa.

Máis información na páxina web e nas redes sociais da biblioteca.