Adornos de Nadal en madeira

Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Obradoiro con O Faiado de Nin

Faremos árbores, estrelas, trasnos, campás, bolas e outas formas típicas do Nadal. Para este obradoiro, empregaremos diferentes adornos de madeira para colgar na árbore ou na casa que as pequenas e pequenos participantes decorarán, pintándoas con rotuladores e engadindo apliques festivos, ademais de lazos ou cordóns.

Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de información dende 30 minutos antes do comezo da actividade.