Engadir ao calendario
Obradoiro temático da man de Yago García e Ana Pérez
Neste obradoiro, que consta de dúas sesións independentes entre si o 19 e o 26 de novembro, presentaremos a algunhas das mellores pintoras da Historia da Arte como Artemisia Gentileschi, Angelika Kauffmann, Berthe Morisot, Mary Cassatt, Maruja Mallo, Amparo Segarra, Frida Khalo, Hilma af Klint, Sonia Delaunay ou Yayoi Kusama que nos permitirán explorar un amplo percorrido dende o Barroco, pasando polo Impresionismo e o Surrealismo até a Abstracción e a arte actual.
Grazas á súa arte traballaremos de forma práctica conceptos como as diferenzas entre os estilos mencionados, a composición pictórica, as proporcións corpóreas e faciais, a gama cromática, as cores complementarias ou técnicas de creación de personaxes. Ademais doutros exercicios de estimulación da creatividade, elaboraremos as nosas propias obras con técnicas como ilustración e pintura con diversos materiais, descomposición de figuras xeométricas, cadáver exquisito, caricaturas e collage.
No salón de actos. Para 20 persoas de 14 a 99 anos. A persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes de que comece a actividade.