Engadir ao calendario
Exposición do artista compostelán Nolo Suárez
Cedemos o espazo para acoller esta exposición de Nolo Suárez formada por obras realizadas en técnicas mixtas, sobre tabla e algunha sobre lenzo, con diversos textos, páxinas, e libros encolados e pintados.
Ao estableceren diálogos entre distintas artes, os libros intervidos abren novos camiños á exploración, á innovación e á sensibilidade, enriquecendo a nosa contorna cultural.
Con esta filosofía preséntase esta mostra de volumes xa lidos e viaxados que agora emprenden unha nova singradura, máis visual e artística, para lembrarnos que os libros e a lectura son fundamentais para alimentar as nosas vidas, ideas e soños.
No vestíbulo do 3 ao 17 de novembro. Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.