Mañás poéticas

Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Arredor da obra de Fernando Pessoa

Nova sesión das Mañás poéticas da man de Carlos Arias, unha lectura aberta e libre de textos de diferentes autoras e autores, que no mes de outubro dedicamos ao poeta Fernando Pessoa, un dos máis brillantes e importantes da literatura mundial e, en particular, da lingua portuguesa.

Malia que a súa vida e a súa obra están intimamente ligadas á cidade de Lisboa, viviu parte da súa mocidade en Sudáfrica, onde recibiu unha educación británica que lle permitiu gañar a vida como tradutor. Pola noite, unha vez abandonada a oficina comercial na que transcorrían os seus días, escribía poesía encarnando diversos autores ficticios, heterónimos con diferentes estilos, modos e voces, un desdobramento literario da súa personalidade que converteu a Pessoa nun autor enigmático. A diferenza dos pseudónimos, os seus heterónimos son personalidades poéticas completas: identidades falsas que dalgún modo vólvense verdadeiras a través dunha manifestación artística propia e diversa do autor orixinal. Entre eles destacan Alberto Caeiro, Álvaro de Campos e Ricardo Reis. Con algún destes nomes chegaba mesmo a escribir e publicar críticas de obras que escribira baixo outros nomes. Un cuarto heterónimo de grande importancia na obra de Pessoa é Bernardo Soares, autor do Libro do desasosego, a súa principal contribución en prosa á literatura universal.

Pessoa morreu por problemas hepáticos aos 47 anos, na mesma cidade na que nacera. Deixou unha descomunal obra inédita, que aínda suscita análise e controversias.

Na sala de traballo A do terceiro andar. A entrada é libre ata un máximo de 15