A Odisea: de Homero a Christopher Nolan

17 de Xullo - 18 de Setembro 2026, 8:30 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Mostra bibliográfica

Durante o século VIII a.C., un poeta contou o retorno dun heroe ao seu fogar. Dende entón esa viaxe non deixou de reiventarse. A Odisea de Homero inspirou novelas, bandas deseñadas, películas, música e novas voces que seguen atopando en Odiseo, Penélope ou Circe preguntas que aínda nos facemos hoxe.

Esta selección reúne algunhas das obras que dialogan coa Odisea, dende os grandes clásicos ata creacións contemporáneas, demostrando que o legado de Homero segue vivo e continúa inspirando novas historias en todas as épocas.

No 2º andar. Pode visitarse do 17 de xullo ao ao 31 de agosto de 8.30 a 14.30h. Do 1 ao 18 de setembro de 8.30 a 21.00h.