Bernardino Graña, o grande poeta do Mar, 1932 - 2025

21 de Xaneiro - 29 de Marzo 2025, 14:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Mostra bibliográfica

Recollemos nesta mostra unha escolma da obra de Bernardino Graña, un dos membros fundadores do grupo Brais Pinto, membro numerario da Real Academia desde 2010 e unha das voces máis recoñecidas polo público e a crítica das letras galegas contemporáneas. Sirva esta mostra como homenaxe polo seu pasamento.

Novelista tardío, publica en 2005 a obra Protoevanxeo do neto Herodes, sobre a vida de Xesús, e tamén teatro con obras como Vinte mil pesos crime ou Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán). Poeta vangardista cunha obra moi política na que os temas destacados son o amor, a natureza e Galicia; Bernardino é tamén, en palabras de Manuel María, o grande poeta do mar.

Pode visitarse no segundo andar durante o horario de apertura da biblioteca.