Bolboretas

07 de Marzo 2026, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Contacontos con Soledad Felloza

Bolboretas é un espectáculo de narración oral para público infantil e familiar no que as protagonistas son nenas e mulleres que escoitan o seu corazón e atrévense a cambiar o seu camiño. A través da voz de Laia e dun baúl cheo de recordos chegan contos cheos de imaxinación, humor e emoción. Relatos próximos e poéticos que convidan ás máis pequenas e pequenos a pensar na axuda, na identidade e na forza de contar xuntas.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.