14 de Marzo 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Contacontos con Ramiro Neira
Contos para nenas e nenos, que teñen os mesmos soños e que contan coas mesmas posibilidades para acadalos. Nenos e nenas cos mesmos dereitos e deberes, pero todos e todas diferentes, como tesouros únicos que hai que coidar, que temos que coidar. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.