17 de Setembro 2026, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Roteiro da man de Destino Noroeste e O Faiado de Nin
Coñeceremos como era a Compostela decimonónica e viviremos o cambio de século, da fin do século XIX ao XX, con todas as novidades que trouxo consigo: a Exposición Rexional de 1909, o estilo modernista, o nacemento do Galeguismo e a Xeración Nós, o Estatuto de Autonomía de Galicia, as mulleres acadando novos horizontes. En definitiva, é nestes anos cando comezan a forxarse a Compostela e a Galicia modernas.
Para público xuvenil e adulto. Máximo 30 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.