Coñece Compostela: Cicatrices, un paseo pola Compostela de 1975 no aniversario da morte do ditador

Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Roteiro da man de Maos

Nova cita das actividades que organizamos dende a biblioteca para coñecer a nosa cidade.

Paseo sobre o acontecido no ano 1975 en Compostela. Pasearemos, sobre todo, a zona nova da cidade, froito da transformación sufrida neses anos e coñecida popularmente na época como o Estreche compostelán. Durante o roteiro, que terá unha duración aproximada de unha hora e media, percorreranse diferentes puntos neurálxicos e de interese relacionados cos acontecementos máis relevantes e conflitivos que se viviron na cidade hai 50 anos. Afondarase na historia dese ano, tanto desde unha perspectiva social da vida cotiá como do impacto político da morte do ditador.

Dirixido a persoas de 14 a 99 anos. Máximo: 30 participantes. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes de que comece a actividade.

Datos da imaxe: fotograma do documental O edificio Castromil (1975) realizado polo Equipo Lupa.