Contacontos co Teatro dos Ghazafelhos
Celebramos o Día do Teatro e o décimo oitavo aniversario da biblioteca co espectáculo Contamos contos de lobos? da man do Teatro dos Ghazafelhos. Espectáculo no que a participación activa do público e unha alta porcentaxe de improvisación colectiva son os ingredientes fundamentais. Dúas personaxes, Mon e Pe, achéganse ao público para contar distintas historias populares onde hai lobos como protagonistas.
Facendo unha escolla aleatoria de propostas como Carapuchiña, Os tres porquiños, Pedro e o lobo ou Os sete cabuxos propoñemos interpretar esas historias coa axuda das nenas e nenos do público. Ao participar na dramatización da peza, trabállanse valores como a escoita activa, a empatía, entender outros puntos de vista e todo dun xeito lúdico e dende o teatro.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar capacidade da sala.