14 de Xuño 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Contacontos a cargo de Marisa Irimia
Contos de sabores, olores e sons, contos chegados doutros lares, contos doutros tempos e outras falas, contos de risas e cancións, contos.. Un espazo íntimo e irreal onde os sentidos e a maxia das palabras cobran especial protagonismo, un espazo no que só teremos que deixarnos levar.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.