02 de Febreiro - 31 de Marzo 2026, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Mostra bibliográfica infantil
A rima é un elemento básico para as crianzas porque melloran a linguaxe, tanto expresiva como comprensiva e benefícialles na súa capacidade de memoria, xa que enriquece a súa habilidade de lembrar. Ao escoitar as rimas, aprenden como se combinan os sons para formar as palabras e as frases e entenden o ritmo da lingua. Algunhas investigacións amosan que é un instrumento moi poderoso para a aprendizaxe da lectura. Ofrecésmosvos aquí unha pequena mostra de contos rimados que se suman á nosa colección de poesía infantil.
Pode visitarse na sala infantil ata o 31 de marzo no horario de apertura da biblioteca.