Escribir un podcast como unha novela

04 de Decembro 2025, 18:30
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Obradoiro con Javier Peña

Este obradoiro consiste nunha clase mestra de 2 horas máis a participación das persoas asistentes a través das súas preguntas e intervencións.

A tese do obradoiro é que para escribir unha novela e un guión de podcast hai que manexar os mesmos elementos narrativos, máis aló das características propias de cada soporte. Estes elementos agrúpanse en 5 eixes: o estilo, o punto de vista, a estrutura, os personaxes e a trama. E ao longo do obradoiro iremos desgranando as similitudes e diferencias entre a escritura dunha novela e un guión de podcast eixe por eixe.

No salón de actos da bibliloteca. Actividade dirixida a persoas adultas a partir de 16 anos.

Hai 30 prazas. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 min antes do comezo da actividade.