Explorando a vida

03 de Marzo - 30 de Abril 2026, 8:30 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Mostra bibliográfica sobre mulleres científicas

Facemos un percorrido polos achados e tamén os desafíos das mulleres científicas ao longo da historia. As mulleres formaron parte do mundo da ciencia desde sempre, ás veces desde as marxes. Por iso queremos invitarvos a realizar esta viaxe coa axuda da nosa colección de libros infantís e xuvenís que conteñen vidas e obras de todas aquelas pioneiras que contribuíron a transformar o mundo a través dos diferentes campos científicos.

Podes visitala na sala infantil ata o 30 de abril en horario de apertura da biblioteca.