24 de Outubro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Espectáculo con Música Miúda
Celebramos o Día das Bibliotecas con este espectáculo. Na vila de Bemol Pequeno a música nunca para! Ou si? Ven resolver o misterio da música desaparecida da man da Meiga Xela, canta co dinosaurio Pepón e baila ao ritmo da Banda do Carballo!
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.