12 de decembro 2026, 12:00
Engadir ao calendario
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Contacontos con Bandullo azul
Espectáculo infantil e familiar no que, a través da historia dun neno cunha especial sensibilidade polos sons, descubrimos que todo o que nos rodea pode converterse en música.
Unha proposta que mestura narración oral, teatro, marionetas e música en directo, convidando ao público a escoitar, xogar e crear colectivamente ao ritmo do corazón.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.