05 de decembro 2026, 12:00
Engadir ao calendario
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Contacontos con Caxoto
Catuxa é unha nena que pasa moito tempo coa súa avoa Adolfina, á que lle gusta moito cantar. Canta todo o tempo, en calquera momento e fai percusión co que teña á man. Catuxa goza moito escoitando á súa avoa; parécelle moi ocorrente, pero non se atreve a cantar canda ela.
Ata que un día, á avoa ocórreselle un xogo que mudará as cousas: unha busca do tesouro que se agocha no faiado.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.