O Galiverso comeza na Biblioteca Ánxel Casal

14 de Novembro 2025, 17:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Día Internacional do Patrimonio Mundial

Prepárate para vivir unha experiencia única sen saír da biblioteca!

Esta iniciativa emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dun xeito diferente. Sen saír da biblioteca, poderedes viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, ollar A Coruña desde o alto da lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santalla de Bóveda, entre outras experiencias.

Hai lugares que só poderedes visitar entrando no Galiverso, como a Cripta do Apóstolo, —pechada ao público xeral na propia Catedral de Santiago— e outros que polas súas características ou localización non resultan fáciles para as persoas con dificultades de mobilidade, como os tellados da Catedral de Tui. O uso da realidade virtual facilita gozar deles dunha maneira única, accesible e respectuosa coa súa conservación.

Actividade realizada coa colaboración da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Dirixida a público de 8 a 99 anos (as persoas menores de 12 deberán estar acompañadas en todo momento).

As persoas interesadas poderán recoller o convite no mostrador de información a partir das 16:30 h. Realizaremos 6 quendas de 20 minutos para grupos de 8 persoas, das 17 ás 19h.