Obradoiro infantil de Astronomía. ADIADO ATA NOVO AVISO

Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

A cargo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela

Un ano máis, volvemos conectar coas estrelas. Comezaremos cunha presentación sobre os fundamentos da astronomía. Despois, pasaremos á acción coas nosas propias mans e aprenderemos a dominar o planisferio celeste, agasallo de Óptica Val.

Dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos. O número máximo de participantes é de 15.

No salón de actos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 18.00h.