Presentación de orientacións e propostas para mellorar as prácticas de educación dixital

Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Charla con Jesús Rodríguez Rodríguez, Silvia López Gómez; Pablo Gayo Pérez; Adriana Touriñán Barbeito e Patricia Digón Regueiro

Cedemos o espazo para acoller este encontro dirixido a familias, profesorado e persoas interesadas na educación, no que se dará a coñecer o proxecto de investigación Secundari@ Dixit@l e se presentarán dúas guías elaboradas no seu marco:

  • Entre a oportunidade e a prohibición: riscos e malos usos da tecnoloxía na adolescencia, dirixida principalmente a adolescentes, con situacións cotiás e recomendacións para promover un uso crítico, responsable e seguro das tecnoloxías.
  • Guía de recomendacións para a selección, adaptación, creación e uso de materiais didácticos accesibles e inclusivos en Secundaria, que ofrece orientacións para atender á diversidade a través dos recursos educativos.

Tamén se presentará o documento Medidas necesarias para mellorar a dixitalización nas aulas galegas, que recolle propostas de mellora neste ámbito.

Intervirán Jesús Rodríguez Rodríguez, investigador principal de Secundari@ Dixit@l, quen explicará o proxecto do que xorden as guías; Silvia López Gómez, Pablo Gayo Pérez e Adriana Touriñán Barbeito, da Universidade de Santiago de Compostela; e Patricia Digón Regueiro, da Universidade da Coruña.

A actividade celébrase con motivo da exposición da guía Entre a oportunidade e a prohibición, que pode visitarse do 1 ao 30 de decembro no segundo andar da biblioteca e reúne unha selección de situacións ilustradas sobre o uso das tecnoloxías na adolescencia.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.