18 de decembro 2026, 17:00
Engadir ao calendario
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Samuel Martínez Fandiño
Cedemos o noso espazo para acoller a presentación da novela Más allá de un internado, o debut no xénero xuvenil de Samuel Martínez Fandiño, da man da editorial Diversidad Literaria.
A obra mestura misterio, romance, intriga e superación nun escenario fascinante: un internado onde as emocións, as relacións persoais e os xiros inesperados poden cambiar unha vida por completo.
No salón de actos. Para público xuvenil e adulto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.