Receitas que nos fixeron soñar

Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Recolleita colaborativa de receitas

Logo da proxección do día 8 de outubro do documental Sabores e saberes. As mulleres que alimentan a vida, dirixido por Encarna Otero e producido polo Consello da Cultura Galega, reflexionouse sobre o feito de que este patrimonio inmaterial, transmitido de xeración en xeración por tantas mulleres, apenas deixou testemuña escrita e o seu traballo non recibiu todo o recoñecemento que merecía.

Por iso, ofrecemos a actividade Receitas que nos fixeron soñar e propoñemos que traias ou envíes á biblioteca as receitas da túa vida para así contribuir á elaboración dun pequeno arquivo da nosa memoria culinaria.

Ademais, sortearanse dúas ceas para a preapertura do novo restaurante de Lucía Freitas @lutafona. Cantas máis enviedes, máis posibilidades teredes de gañar.

Como podes participar?

En persoa: Trae as túas receitas ao mostrador de información da biblioteca; logo de escanealas, devolverémoschas.

En liña / a distancia: Envía as túas receitas (manuscritas, fotografadas, etc.) por correo electrónico a actividades.bibliotecas.santiago [at] xunta.gal (actividades[dot]bibliotecas[dot]santiago[at]xunta[dot]gal) ou ao WhatsApp do teléfono 613 748 658.

En ámbolos dous casos, lembra incluír o teu nome, apelidos, teléfono de contacto e a zona ou localidade da que son as receitas.

A data límite para a recollida ou o envío é o 22 de outubro.

Anímate a participar!

O 5 de novembro ás 19.00h no noso salón de actos faremos unha xuntanza, colgaremos as receitas dun tendal e realizaremos o sorteo para a cea. Despois entregaremos ás persoas participantes un fanzine ilustrado pola relatora gráfica Adela Vázquez @adedoblev co resultado desta recolleita colaborativa. Para público xuvenil e adulto. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Se non puideches asistir á proxección do documental Sabores e saberes. As mulleres que alimentan a vida, podes velo aquí.