Son animal

24 de Outubro 2024, 18:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela

Espectáculo da man de Paco Nogueiras

Amigas e amigos, son animal. Son un deses animais de dúas patas, ao que lle gusta cantar, bailar, brincar, ler libros, viaxar, falar e rir con amigos… animal humano, vaia.

Os sons dos animais conforman unha banda sonora e unha sinfonía moi especial na miña vida. Probablemente para vós tamén. E se non é así, seguro que non lonxe da vosa casa hai lugares onde aínda podedes escoitar eses sons tan especiais. O auténtico ... son animal.

E se hai son… hai canción. Aquí van unhas cantas!

No salón de actos. Para público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.