31 de Outubro 2024, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela
Obradoiro a cargo de Anias
Aproveitando a creatividade e fantasía propios da celebración do Samaín presentamos unha actividade terrorificamente divertida.
Comezaremos creando unha historia de medo colectiva a partir das indicacións da monitora para, posteriormente, desenvolver un obradoiro de caracterización e efectos especiais no que as pequenas e pequenos participantes aprenderán trucos e técnicas de maquillaxe que lles permitirán transformarse en personaxes propios do Samaín como zombis, meigas, lobishomes ou esqueletos.
No salón de actos. Para 16 nenas e nenos de 7 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.