Un saco cheo de contos

Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Contacontos con Chespir Teatro

Nas montañas de Galicia vive un personaxe moi especial, O Apalpador, un xigante carboeiro de gran corazón que cada inverno baixa das montañas para visitar os nenos e as nenas. Leva consigo un gran saco cheo de castañas, sorpresas e contos por descubrir. Pero que sucede cando abre o seu saco e as historias comezan a cobrar vida? 

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.