Rol na biblio: unha alternativa ao ocio dixital

Actividade coordinada por Pablo Fernández Otero. Mestre do ensino público e afeccionado aos xogos de rol.

Se te atreves a explorar as Terras Descoñecidas prepara os dados e mergúllate con nós na aventura!

Sesións ao xogo de rol de 2010 Aventuras en la Marca del Este (retroclón da versión de 1983 de Dungeons & Dragons) de entre 90 e 120 min. de duración en venres alternos na sala infantil da biblioteca ás 18h.

 

 

Os obxectivos desta actividade son:

1. Dar a coñecer os xogos de rol de mesa ás novas xeracións.

2. Expor alternativas viables ao ocio dixital por medio dunha actividade analóxica, multixogador e cooperativa.

3. Facer agromar a afección.

4. Que a propia afección provoque a difusión e promoción da lectura, facendo fincapé, neste caso e polo de agora, na literatura de Fantasía. 

Poden xogar ata 9 participantes de 9 a 14 anos.

Prazas completas.

O grupo de xogo ten un blog no que se pode ver toda a información:

gremiodestonebridge.blogspot.com

Gremio de Aventureiros de Stonebridge. Grupo de xogo de Dungeons and Dragons (La Marca del Este-Mentzer 1983) para rapazada de 9 a 14 anos, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.