A acción conta

06 de Maio 2026, 18:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense

Contaconto e obradorio a cargo de madremáticas

Neste obradoiro búscase achegar aos máis pequenos ás matemáticas a través dunha actividade de contaconto e obradoiro baseadas nun album ilustrado.

O álbum narra a historia dunha nena que descobre que a súa paixón polos contos e a lectura outórgalle habilidades matemáticas sorprendentes. A narrativa busca desdramatizar situacións cotiás onde as matemáticas están presentes e fomentar unha relación positiva coa disciplina.

Ao fin as e os participantes recibirán de agasallo un exemplar do mesmo.

Actividade realizada polo grupo de divulgación, madremáticas, composto por profesores do departamento de matemáticas aplicada da UNED. 

Duración estimada: 90 m.

Para nenas e nenos de 8 e 9 anos. Prazas limitadas. Inscrición dende o luns 4 de maio ás 9h chamando a 988 788 385 / 386.