Barquiño de pau

23 de Decembro 2025, 12:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Espectáculo para bebés da man de Tropa de trapo

Canta, Buguina, canta!

Soprando a buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau.

Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos, narración oral e música para a primeira infancia. Explóranse os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas. E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo.

Dirixido a nenas e nenos de 0 a 3 anos.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.