17 de Xaneiro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela
Contacontos a cargo de Pavís Pavós
Espectáculo de contos marabillosos para viaxar por un mundo máxico. Cando abres ben as orellas podes escoitar historias de xigantes e ananos, bruxas e trasnos, apócemas máxicas, viaxes marabillosas, princesas e dragóns… Queres abrir moito, moito as orellas para viaxar por este mundo máxico?
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.