09 de Outubro 2024, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela
Obradoiro a cargo de O faiado de Nin
Obradoiro no que cada participante deseñará unha personaxe partindo dunha culler de madeira que poderán personalizar e vestir con feltros e retallos de tea e, posteriormente, formar parte dunha ou varias historias creadas in situ polo grupo.
Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Na sala infantil. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.