23 de Outubro 2024, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela
Obradoiro a cargo de Anias
Faremos un obradoiro artístico no que as nenas e nenos participantes terán a oportunidade de escoitar unha historia que servirá como base para realizar unha actividade de pintura na que se utilizará un material moi orixinal: burbullas de xabón.
No salón de actos. Dirixido a 15 nenas e nenos de 4 a 7 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.