30 de Outubro 2024, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela
Obradoiro a cargo de O faiado de Nin
Neste obradoiro deseñaremos diferentes chapas con lemas ou debuxos en prol da lectura. As pequenas e pequenos participantes poderán facer deseños con debuxos propios (personaxes de conto, autores, personaxes inventados...) ou con algunhas imaxes que terán como modelo, o mesmo que no caso das frases, que poderán ser de colleita propia ou doutras tomadas como exemplo.
Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.