Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras

16 de Maio 2025, 18:30
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela

Espectáculo a cargo de A Xanela do Maxín

Espectáculo no que mediante o uso de diferentes técnicas: narración oral, proxeccións holográficas, música ou teatro de obxectos poñemos en valor o legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro ata as cantareiras. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.