Homenaxe a Gloria Sánchez

14 de Setembro - 16 de Outubro 2024, 10:00 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela

Mostra bibliográfica infantil

Con motivo da entrega do galardón Socia de Honra de GÁLIX á escritora Gloria Sánchez pola súa traxectoria profesional, obra e dedicación á literatura infantil e xuvenil galega, a biblioteca fai unha escolma coas súas obras máis coñecidas.

Do 14 de setembro ao 16 de outubro na sala infantil. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.