Verán Criminal

14 de Xuño - 14 de Setembro 2024, 8:30 - 14:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela

Mostra bibliográfica

A partir do 14 de xuño, coincidindo coa Selic e a súa sección Selic Criminal, mentres paseas polas instalacións da Biblioteca Pública Ánxel Casal irás atopando seleccións de documentos relacionados coa literatura criminal, o true crime, os cómics de intriga ou o thriller. A mostra continúa ata o 30 de agosto.

Verán criminal divídese en 7 partes:

No andar baixo, na sección de Fondo local: Compostela Criminal, con obras que se desenvolven na nosa cidade e o Camiño; na Cómicteca: Cómic Criminal, unha selección de cómic de intriga de todas as procedencias.

No 2º andar, Mozos Criminal inclúe literatura xuvenil deste xénero; Galicia Criminal, literatura e audiovisual galego; Literatura Criminal xénero negro internacional e Cinema Criminal, cunha selección de cinema clásico e actual.

Por último, no 3º andar: Non ficción Criminal, unha selección de true crime e outros clásicos baseados en feitos reais.

Goza do teu paseo pola biblioteca e vai con moito ollo.