Exposición de marionetas a cargo de Titeres Cachirulo
Cedemos o espazo para realizar esta exposición que estará do 1 ao 30 de outubro no vestíbulo. Esta mostra, realizada no marco da Exposición Internacional Galicreques 2024, recolle monicreques, marionetas e sombras que ilustran diferentes técnicas e xéneros de diversas partes do mundo, como o teatro tradicional africano ou o teatro oriental chinés, así como unha panorámica do teatro de bonecos de países da súa contorna: Tailandia, Vietnam, Myanmar, A India, Sri Lanka, Indonesia e Taiwan. A súa intención é achegar ao público estas artes milenarias, conservadas sen dúbida grazas á enorme importancia deste tipo de representacións e ao labor das grandes familias de titiriteiros. Ao mesmo tempo, pretende ser unha xanela aberta desde a que coñecer algo máis destas culturas a través dos personaxes que representan as súas historias e entreteñen ás súas xentes desde tempos inmemoriais.
No vestíbulo. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.