Engadir ao calendario
Con Carlos Arias
Outra sesión das Mañás poéticas, actividade coordinada por Carlos Arias, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, para achegar a poesía ás persoas interesadas.
Na sesión do 16 de decembro falaremos da poesía antiga e máis concretamente, do Cantar de Mio Cid.
Veremos o xeito de entender a creación literaria nuns tempos nos que tiña moi pouca importancia a autoría. As composicións transmitíanse oralmente e só pasaban a un soporte físico cando acadaban o éxito. Ademais, estaban destinadas a un público interesado por coñecer noticias, cando as novidades podían ter mesmo séculos de antigüidade.
Veremos o inicio dun dos inmensos fitos da poesía medieval, o que se refire a Rodrigo Díaz de Vivar, o Campeador, e a todo o seu periplo como caudillo militar independente.
Traballaremos a sonoridade, a descrición directa e unha lingua que aínda tiña unha existencia curta.
Plasmada no pergameo contra do 1200, a súa composición oral pode remontarse a unha data próxima aos feitos que narra, rematados un século antes.
Na sala A do 3º andar. A entrada é libre ata un máximo de 15 participantes,
Imaxe: Primeiro folio do manuscrito do Cantar de Mio Cid conservado na Biblioteca Nacional de España.