Mario Vargas Llosa (1936-2025)

14 de Abril - 16 de Maio 2025, 12:00 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela

Mostra bibliográfica

Jorge Mario Pedro Vargas Llosa (Arequipa, 28 de marzo de 1936 - Lima, 13 de abril de 2025), máis coñecido como Mario Vargas Llosa, foi un dos maiores expoñentes do auxe da literatura latinoamericana. Aínda que escribiu diferentes xéneros, destaca a súa faceta de ensaísta e novelista, coa que gañou diversos premios, entre os que destacan o Premio Príncipe de Asturias das Letras en 1986, o Premio Cervantes en 1994 e o Premio Nobel no ano 2010.

Con motivo do seu pasamento, a Biblioteca Ánxel Casal fai esta escolma de obras para honrar a súa carreira e a súa aportación á literatura.

Pode visitarse no 2º andar durante o horario de apertura da biblioteca.