O Día das Letras Galegas e Compostela

16 de Maio 2025, 18:30
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Coruña › Santiago de Compostela

Roteiro a cargo de Maos Innovación Social, S. Coop. Galega

Roteiro que repasa a historia e as persoas homenaxeadas no Día das Letras Galegas desde o seu primeiro ano (1963) ata hoxe. Prestaremos especial atención ás persoas e obras relacionadas con Santiago.

Para persoas de 14 a 99 anos. Máximo 30 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.