Os rostros do humor: unha evolución do humor gráfico

23 de novembro 2026 - 25 de xaneiro 2027, 8:30 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Exposición de libros da colección Losada Díaz

Cedemos o espazo a Santiago Losada, usuario da biblioteca e coleccionista de libros para que poidamos desfrutar dalgúns dos exemplares da súa colección. Nesta ocasión, fai un percorrido pola rica historia do humor gráfico dende mediados do século XIX ata a actualidade analizando obras icónicas do xénero dende todas as perspectivas e deténdose tamén na historia do humor gráfico en Galicia.

A exposición pode visitarse no espazo da hemeroteca, no andar baixo, do 23 de novembro ao 25 de xaneiro no horario de apertura da biblioteca.

Ilustración: Gustave Doré.