Receitas que nos fixeron soñar

06 de novembro - 15 de decembro 2026, 8:30 - 21:00
Imaxe
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela

Mostra bibliográfica

Esta mostra bibliográfica nace como un complemento natural á actividade Receitas que nos fixeron soñar. Se nela rendemos homenaxe á transmisión oral, á memoria viva e ás receitas familiares recollidas polos nosos veciños e veciñas, unha iniciativa de Encarna Otero coa colaboración da cociñeira Lucía Freitas, nesta selección queremos amosar a pegada escrita deses mesmos saberes e vos convidamos a facer un percorrido pola nosa literatura gastronómica e etnográfica.

Entre as páxinas seleccionadas atoparedes desde recetarios tradicionais ata obras fundamentais sobre a historia da alimentación en Galicia que demostran que a cociña é moito máis que alimento: é linguaxe, é territorio, é historia compartida e é afecto.

Pode visitarse no salón de actos da biblioteca durante a xuntanza que realizaremos o 5 de novembro ás 19:00h. Do 6 de novembro ao 15 de decembro estará no 3º andar.