Préstamo de portátiles
Dispoñemos de 20 portátiles -cos periféricos respectivos (rato, lector de tarxetas, lector/grabadora de CD/DVD, lector de DNI electrónico etc.) para préstamo, cos que poder facer traballos académicos, navegar pola Internet, estudar etc.
Para aproveitar este servizo, é requisito imprescindible ser usuario/-a da Biblioteca (solicitarase o carné para poder retirar o material) e ter máis de 18 anos. Os/as menores de idade deberán vir acompañados/-as dun/dunha adulto/-a que se responsabilice dos seus préstamos.
NOTA: Cada usuario/a pode levar só 1 equipo en préstamo. O uso do portátil e dos seus periféricos queda limitado exclusivamente ao recinto da Biblioteca. Ningún destes compoñentes se pode sacar das instalacións do centro.
Non se prestarán portátiles a usuarios/-as que teña préstamos pasados de prazo ou penalizacións.
O período máximo de préstamo é de 1 día. Hai que devolver o equipo e os seus periféricos 1 hora antes do peche da Biblioteca (ás 19:30, de luns a venres; ás 13:00, os sábados; ás 13:30, no horario de verán).
Préstamo de lectores de libros electrónicos
A Biblioteca conta con 39 lectores de libros electrónicos para prestar a domicilio. GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas, ofrece arredor de 2000 títulos (novidades, literatura contemporánea, ciencia, arte, tecnoloxía etc.), entre os que o/a usuario/-a poderá escoller e descargar no dispositivo que vaia usar.
Para beneficiarse do servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos, é preciso ser usuario/-a e ter máis de 18 anos.
NOTA: Cada usuario/-a pode levar 1 só dispositivo en préstamo. Este irá baleiro de contidos, cunha funda e un cable USB para a transferencia de datos e a carga da batería. O tempo máximo de uso será de 23 días, sen posibilidade de renovación.
Ao igual que ocorre co resto de documentos da colección, para poder levar o dispositivo en préstamo esixirase que o/a usuario/-a presente o carné da biblioteca. Non poderá facelo se ten préstamos pasados de data ou algún tipo de sanción.